martes, 26 de maio de 2020

MEMORIA SECUENCIAL AUDITIVA


Na nosa práctica diaria é de vital importancia non considerar a LINGUAXE como un elemento illado, senón como un conxunto de habilidades que deben traballar correctamente para un bo desenvolvemento e funcionamento deste.

 Unha destas habilidades que inflúen sobre a linguaxe é a memoria auditiva verbal, pero en que consiste? Coñécese como memoria auditiva á capacidade de almacenar e lembrar a información que se presenta de forma oral de maneira secuencial.

Un fallo neste proceso podería implicar unha maior dificultade na comprensión da linguaxe oral. Para comprender correctamente unha mensaxe que se presenta pola vía auditiva é necesario almacenar dita información, para posteriormente pasar á súa codificación e análise.

A través dos seguintes vídeos podedes practicar repetindo  secuencias de palabras ou a través de sons

Memoria palabras. PINCHA AQUÍ

Memoria sons. PINCHA AQUÍ

Ningún comentario:

Publicar un comentario