xoves, 4 de xuño de 2020

TRABALINGUAS - AUDICIÓN E LINGUAXE


Os trabalinguas son xogos de palabras difíciles de pronunciar, que se din rápido e en voz alta. En todos os trabalinguas utilízanse palabras con sons ou letras iguais ou parecidas, para que o resultado final sexa difícil de pronunciar.
Teñen a finalidade de entreter ... E, ademais:

Fomentan a memoria: Non poderás dicir ben un trabalinguas se non cho aprendes de memoria. É un truco infalible para poder pronuncialo ben.

Exercitan a  vocalización: Os nenos terán que esforzarse en  vocalizar adecuadamente cada fonema, pero farano sen apenas darse conta, e dunha maneira divertida.

Fomentan a competitividade cun mesmo: O afán por superarse e chegar a pronunciar os trabalinguas correctamente e de forma rápida failles querer superarse día a día.

Axudan a que os nenos teñan interese pola lingua e a lectura: De súpeto a lingua convértese en todo un descubrimento divertido.

Así que rétovos a aprender os seguintes trabalinguas! Nos vos preocupedes se non sodes capaces á primeira, é cuestión de práctica!


Déixovos tamén un documento para que os poidades ler e así practicar mellor.

TRABALINGUAS.PINCHA AQUÍ

Ningún comentario:

Publicar un comentario