luns, 18 de maio de 2020

Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia

Onte, 17 de maio, ademais de ser un día importantísimo para todos os galegos e galegas, o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, foi o Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia. Dende o Departamento de Orientación queremos falarvos destas palabras (que rematadas en fobia sempre son malas, pois significan odio cara estas situacións).
Cando nacemos asígnannos unha identidade rexistralsegundo os nosos órganos xenitais somos homes ou mulleres. identidade de xénero é o sentimento íntimo que ten cada persoa de identificación como home ou muller, independentemente dos xenitais. Hai persoas cuxa identidade rexistral non coincide coa súa identidade de xénero, Transexualidade (Trans*).




Deixámosvos un pequeno vídeo e un rap que nos explican esta situación. 






Imaxinádesvos o difícil que debe ser esa situación? Que ti sexas un neno pero que todo o mundo che diga que eres unha nena? Que lle vaias dicir a alguén que te sintes nena e que se ría de ti ou te trate mal porque che di que eres neno? Apoiemos aos demais como queremos que nos apoien a nós. 

Deixámosvos o enlace ao protocolo que publicou a Xunta de Galicia sobre Identidade de Xénero, onde nos dice como temos que actuar os centros educativos e as familias ante estas situacións. 



Recordade, o máis importante é que ninguén se sinta só e saiba que pode contar con nós!




Ningún comentario:

Publicar un comentario