xoves, 18 de xuño de 2020

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN


Desde o Departamento de Orientación queremos despedirnos deste curso tan atípico a través dun conto.



 Agora que podemos estar un pouco máis preto do nosos seres queridos , tócanos desfrutar deses pequenos momentos con eles,  xa que , despois de estar privados da súa compañía, dos seus bicos, das súas apertas ... valoramos máis que nunca a importancia de estar xuntos.



Felices vacacións!

PECHAR O CURSO NA PANDEMIA


Compartimos este vídeo con reflexións e ideas para pechar o curso nesta situación excepcional.


ATA A VOLTA, BO DESCANSO E SEXAMOS RESPONSABLES!

venres, 12 de xuño de 2020

Para reflexionar...

Deixámosvos aquí unhas curtometraxes sobre a diversidade e inclusión, para que vexamos e reflexionedes sobre que cousas podemos facer cada un de nós para mellorar a sociedade e axudar aos demais. 


Cuerdas é unha conmovedora historia sobre inclusión, respeto e amizade. 




El cazo de Lorenzo amósanos a impotancia da empatía e de como axudar aos demais ante as súas dificultades. 








xoves, 11 de xuño de 2020

AUDICIÓN E LINGUAXE

QUE TAL ESTADES LEVANDO ESTA SEMANIÑA? ESPERAMOS QUE MOI BEN, CADA VEZ XA FALTA MENOS PARA QUE VOS DEAN VACACIÓNS, SEGURO QUE AS ESTADES DESEXANDO!!!


Esta vez imos xogar coas PALABRAS!!