luns, 11 de maio de 2020

Saír á rúa

Estes días estamos saíndo a pasear, cumprindo as normas  (1adulto, 1kilómetro e 1hora⌚) e ao chegar a casa lavando moito as mans✋. Deixámosvos unha idea para facer que os vosos paseos sexan máis entretidos e interesantes. Trátase dunha aplicación na que podedes ir identificando todas as plantas 🍀e flores 🌸que vaiades atopando, porque... estamos en primavera🌻!!! 




Ademais hoxe entramos na fase 1 e iso supón algúns cambios, por exemplo poderemos ir no coche coas persoas que vivan con nós. Ademais, os horarios para saír a pasear xa non son por concellos, senón por núcleos de poboación🏬🏡. Onde vivo eu ten menos de 5000habitantes👬👪👧?? Deixámosvos un enlace onde poderedes comprobar todos os núcleos que queirades: Pazos de Reis, Tui, Areas Rebordáns...todos! Incluso podedes pasar un bo rato vendo cantos habitantes hai en cada sitio. 

Adultos, recordade que moitos nenos/as teñen medo e é importante normalizar a situación e compartir os nosos sentimentos en familia, tanto antes como despois dos paseos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario