luns, 4 de maio de 2020

Iniciamos un novo percorrido

Como Departamento de Orientación iniciamos este blog para estar máis cerca de todos vós e ser unha fonte de recursos e contacto co alumnado e familias. Ante novas situacións, novas solucións! Aínda que esta "solución" chegou para quedar, e sempre ides poder acceder a el 😉

Publicaranse recursos para que poidades traballar nas vosas casas aquilo que no centro se traballaría coas especialistas de Audición e Linguaxe (AL) e Pedagoxía Terapéutica (PT), de forma lúdica e dinámica; consellos e actuacións relacionadas coa atención á diversidade... 


Recordade, a diversidade facémola todos, non só aqueles alumnos con necesidades específicas de apoio educativo. Cada un temos un ritmo, estilo de aprendizaxe, gustos, intereses, raíces, costumes... TODOS SOMOS DIVERSOS

... 



Ningún comentario:

Publicar un comentario