venres, 15 de maio de 2020

DISLEXIA

A dislexia é un trastorno da aprendizaxe da lectoescritura, de carácter persistente e específico, que se da en crianzas que non presentan ningún problema físico, psíquico ni sociocultural, senón que a súa orixe parece derivar dunha alteración neurobiolóxica.

Atendiendo o seu carácter específico, os disléxicos son nenos e nenas intelixentes que só presentan dificultades en tarefas relacionadas coa lectura e coa escritura. 

Segundo o CIE-10, os disléxicos manifestan de forma característica dificultades para recitar o alfabeto, denominar letras, realizar rimas simples e para analizar ou clasificar os sons. Ademais, a lectoescritura caracterízase polas omisións, sustitucións, distorsións, inversións ou adiccións, lentitude, vacilacións, problemas de seguemento visual e déficit na comprensión.

Preme nestes enlaces para traballar aspectos relacionados coa dislexia:

MATERIAL DE APOIO PARA A DISLEXIA

Ningún comentario:

Publicar un comentario